Páxinas

domingo, 8 de decembro de 2019

XIRONSA

O pasado xoves día 5 disfrutamos, cantamos e bailamos con algúns dos integrantes do grupo Xironsa.
Presentáronnos os instrumentos tradicionais que eles tocan e ensináronnos técnicas para usalos.
Pasamos uns momentos moi agradables e sentimos que a música galega é unha parte moi importante da nosa cultura e do noso día a día.

https://drive.google.com/open?id=1-3XlvN63rEjcYQDQDAORN0kJtbQ7BEVG
Resultado de imagen de instrumentos de musica tradicional galega(Pincha no enlace para ver o vídeo)





sábado, 2 de novembro de 2019

HALLOWEEN/ SAMAÍN


O mércores 30 de novembro celebramos no cole un dos festivais máis terroríficos e ao mesmo tempo que máis lles gusta ao noso alumnado.
A entrada do cole era tenebrosa e as cabazas terroríficamente decoradas axudaban a dar o toque de medo que a celebración requería.
O noso alumnado e profesorado tamén asustaba. Dende monstros ata paiasos pasando polas bruxas coas súas escobas, desfilaron polo cole poñendo a nota festiva a esta celebración de orixe celta.
Os nosos colaboradores recitaron un conxuro para asustar aos malos espiritos e todos os nenos e nenas botaron a queimar ese medo que estaba no fondo do peito.

Tamén bailamos ao son dunha música típica desta festa.

Para dar o toque narrativo a este festival celebramos un concurso de contos de medo e os gañadores foron polas aulas lendo as súas terroríficas composicións.






                                           
                        

E non podían faltar os nosos contacontos en inglés. Uns artistas que lograron atraer á atención de todos os compañeiros do cole que foron pasando pola biblioteca para escoitar os seus contos en inglés.




Noraboa a tod@s!!!

Feliz Samaín/ Happy Halloween

luns, 21 de outubro de 2019

OS NOSOS COLABORADORES

Non nos fartamos de falar dos nosos colaboradores, son fantástic@s e uns/ unhas artistas. So hai que ver o resultado final.

Pintando o cartel do noso PDI

NOVOS FONDOS

Este curso seguimos a traballar a igualdade de oportunidades e a inclusión dentro da biblioteca.Para tal fin mercamos estes libros.
Animádevos a lelos!!

domingo, 6 de outubro de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante a primeira semana de outubro estivemos a formarnos na nosa biblioteca. Os nosos colaboradores, coma sempre, desempeñaron a sùa función á perfección. Contáronnos tanto a profes como a alumnado como funciona, como encontrar un libro así como as normas máis importantes a ter en conta.Realizamos uns xogos de pistas e agora xa sabemos navegar entre os libros.GRAZAS!



DON MEXILLÓN O NOSO GALEGO FAVORITO

D. Mexillón tamén quere darvos a benvida a este novo curso e para iso ataviouse coas súas mellores roupas.

martes, 1 de outubro de 2019

CURSO 2019- 2020


Resultado de imagen de galicia
BENVID@S!!!
Este curso empezamos cuns folgos especiais porque imos a traballar a nosa terra, Galiza, no noso PDI. Estamos entusiasmad@s coa temática.
Animádevos a traballar con nós. Necesitamos moitas ideas.