Páxinas

mércores, 29 de maio de 2019

ANTÓN FRAGUAS, ANTÓN FRAGUAS

O alumnado de infantil e primeiro de Ed. Primaria dou a nota poética no Día das nosas letras. Puxeron voz a un poema sobre Antón Fraguas creado polo noso compañeiro o teacher Fernando. Tamén debemos agradecer ao noso cantante favorito, o profe José, que creara a música para él e o cantara. Grazas profes e nen@s!
https://youtu.be/Usy4Wp7WkCw (Pincha no enlace para ver o vídeo)
                     

sábado, 25 de maio de 2019

MELLORAMOS O NOSO COLE

O pasado xoves o alumnado de sexto exerceu de tutorando, ensinando aos demais compañeiros do cole a cubrir con cachos de azulejo, debuxos no muro de entrada ao centro.
Acabaron moi cansos, nunca pensaron que traballar fora tan duro.
O resultado foi impresionante. Tiveron un gran maestro, Gerardo Elca, que lles mostrou o camiño a seguir e lles foi guiando durante todo o proceso. Foi o que máis traballou. Grazas Gerardo, eres un artista!!!















un artista!!!es

O MES DAS NOSAS LETRAS

Seguindo coas actividades que tiñamos programadas para commemorar as LETRAS GALEGAS, onte tivo lugar un apadriñamento lector no parque a carón do colexio. O alumnado de 1º da ESO  do IES A BASELLA leulle contos aos máis pequenos do centro ( Ed. Infantil, primeiro e segundo de Ed. Primaria). Ademáis fixéronlles varias actividades de papiroflexia  e globofexia.
Todo un acontecemento. Solo hai que mirarlles as caras!!!
!https://photos.app.goo.gl/2L4h3dj3ozY3CTQU8 (Pincha no enlace para ver as fotos)


domingo, 19 de maio de 2019

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

MÚSICA RECICLADA
O pasado xoves celebramos no cole o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Para conmemorar este día tan importante para as nosas letras estamos a desenvolver varias actividades, unha da que máis lles gustou foi unha obra musical, tocada ,como non, con algúns instrumentos reciclados. Bailamos ao son da música galega e pasamos un momento moi agradable.





martes, 7 de maio de 2019

RECOMENDAMOS

Ola,son Emma e estou en quinto. Quero recomendar os libros de "El diario de Nikki". Gústanme porque son moi divertidos. Ademáis son tipo diario e contan todas as cousas que lle van pasando cada día.
Resultado de imagen de EL DIARIO DE NIKKI
Ola , son Alicia e estou en terceiro. Quero recomendar os libros de Geronimo Stilton y el  "Reino de la fantasia". En cada libro aparecen distintos personaxes como:bruxas,ogros,dragóns etc. E cada libro paréceme mais divertido!
Resultado de imagen de geronimo stilton reino de la fantasia

Por Enma de 5ºB e Alicia de 3ºA

mércores, 1 de maio de 2019

EN CORTEGADA TAMÉN RECICLAMOS

Seguimos coas visitas dentro do noso PDI. Onte tocounos Cortegada. Foi súper divertido!
Cruzamos en lancha. Algúns de nós nunca subiramos nunha antes. Todo o que nos contaron era interesante e os monitores moi agradables. Aprendemos a importancia de ser cuidadosos cos hábitats naturais e disfrutamos moito a visita.

(Pincha no enlace para ver o álbum de fotos)