luns, 29 de febreiro de 2016
Un mariñeiro na aula de 3 anos!
Hoxe Camilo, pai dos nosos alumnos Manu e Iván, visitou a clase dos nenos de 3 anos
mércores, 24 de febreiro de 2016
Hoxe celébrase o aniversario de Rosalía de Castro que naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e faleceu o 15 de xullo de 1885 en Padrón, A Coruña.
María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e escritora e unha das claves do "Rexurdimento Galego" (O "Rexurdimento" é a recuperación do galego). Entre as súas obras máis importantes destacan:
-Cantares Gallegos.
-A orillas del Sar.
-La Flor.
Aportación de Daniela Dios de 6º A
venres, 19 de febreiro de 2016
O NOSO PROXECTO
Este curso empezamos a traballar nas aulas un proxecto sobre o mar. O principal
obxectivo que buscamos é transmitir aos nosos alumnos a importancia do peixe e
do marisco na dieta en relación ás súas achegas nutricionais. Ademais parécenos
importante familiarizalos co mundo da pesca, transporte e preparación do peixe
e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto.
Aquí podedes ver como os nosos alumnos xa están inmersos nel.
Veredes a cada grupo coa sua personaxe.
4ºA con MENCÍA e a pescada.
4ºB con CLARA e a sardiña.
3ºB con SERXIO e o mexillón
3ºA con SERXIO e o mexillón
5ºB con ANDRÉS e o lirio.
2ºA con ELSA e a troita.
2ºB con HUGO e o xurelo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)