Páxinas

mércores, 20 de xuño de 2018

5º B EXPOSICIÓN DO PROXECTO


Aquí tedes un anaco da exposición dos nenos e nenas de 5º B. Eles traballaron o recorrido entre O Cebreiro e Santiago de Compostela, parte final do camiño Francés.



luns, 18 de xuño de 2018

4º A ¨AS NOSAS PEGADAS..."

Velaquí unha pequena mostra da exposición dos nenos e nenas de 4º A sobre o CAMIÑO DO NORTE.
 Canto aprenderon!!!




EXPOSICIÓN DE 6ºA

Os maiores do cole deleitáronnos con unha magnífica exposición sobre o Camiño Francés.





5º A "As nosas pegadas..."

O xoves os nenos e nenas de 5º A fixeron a exposición oral do seu proxecto ás clases de 4 anos de Educación Infantil, 3º B e 4º A de Educación Primaria. Traballaron as paradas do Camiño Francés comprendidas entre León e O Cebreiro. Indagamos en moitos aspectos: arte, gastronomía, inglés, relixión, ciencias...
Podedes ver un anaquiño da súa exposición nos seguintes vídeos...







E aquí unha mostra do traballo que fixeron ao longo do curso.







venres, 15 de xuño de 2018

O CAMIÑO PORTUGUÉS

Os pequenos peregrinos de primeiro fixeron a súa exposición arredor do Camiño Portugués.

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA O VERÁN

Ola a todos e todas! Xa nos queda moi pouco para rematar o curso. Velaquí unhas recomendacións de libros que vos acompañen durante o tempo de lecer, de descanso merecido. Un libro non ocupa lugar e fainos viaxar a lugares inesperados.

Pinchade na imaxe para poder velo...


AVALIACIÓN DO PDI "AS NOSAS PEGADAS"

ENQUISA PARA O PROFESORADO

martes, 12 de xuño de 2018

EXPOSICIÓNS: AS NOSAS PEGADAS

Os pequenos peregrinos de catro e cinco anos fixemos as nosas exposicións así de ben e así de guapos.

                 

luns, 11 de xuño de 2018

O ABC DO CAMIÑO

Os pequenos peregrinos de tres anos realizamos a nosa primeira exposición arredor do PDI: As nosas pegadas. Agardamos que vos guste.