Páxinas

mércores, 31 de maio de 2017

FRANCIA

Ola! Os nenos e nenas de quinto traballamos con esforzo durante todo o curso o noso país: Francia. Coñecimos moitísimos aspectos interesantes a través de todos os traballos que fomos facendo. No vídeo podedes ver un anaquiño de todo o proceso. Esperamos que vos guste!



INGLATERRA


Os nenos e nenas de 6º de Primaria traballamos o noso país con gran entusiasmo. Aprendimos unha morea de cousas sobre Inglaterra: a súa cultura, os costumes, música... Velaquí un anaquiño do noso traballo. Mirade que ben o pasamos!




INDIA

Os nenos e nenas de terceiro disfrutamos un montón coñecendo a India, as súas costumes e curiosidades. Mírade canto traballamos e que ben o pasamos!


luns, 29 de maio de 2017

Familias que comparten experiencias

O pai de Giovanni de 4ºB achegouse a falar de Suíza:
20170519_13130120170519_131305
Os pais de Irene Chazo de 4ºA faláronnos de EEUU:
20170524_12580220170524_125808
Ramón, compañeiro do Xulio Camba, achegounos experiencias sobre Nova York:
20170526_13555920170526_135606

domingo, 28 de maio de 2017

MES DAS LETRAS GALEGAS 2017

APADRIÑAMENTOS LECTORES (IES A BASELLA-CEIP XULIO CAMBA)


O día 25 de maio e para celebrar as Letras Galegas no cole, un grupo de alumn@s do IES A BASELLA viñeron ao XULIO CAMBA a apadriñar ao noso alumnado. Houbo que facer unha selección porque non podiamos ir todos. Esa foi a parte máis difícil pero o próximo curso iremos outros!



A actividade resultou altamente positiva, enternecedora e bonita. 

Un antigo alumno do cole ata nos fixo papiroflexia!



Repetiremos!!! 

xoves, 25 de maio de 2017

ITALIA

Esta semana as clases de 2º estamos facendo a exposición sobre Italia. Aprendemos moitas cousas e divertímosnos moito. Queredes ver todas as cousas que fixemos. Pinchade na bandeira para ver todo o que aprendimos.


Aquí podedes ver os vídeos do noso traballo ao longo do curso.

2ºA



2º B



VATICANO


E se pinchades nesta imaxe podedes escoitar un anaquiño da obra de Vivaldi "Las cuatro estaciones".


  

luns, 8 de maio de 2017

FIXEMOS UN MONTE DE COUSAS SOBRE ESTADOS UNIDOS!!!

 O alumnado de 4ºB ao longo do curso traballou no proxecto de centro sobre Estados Unidos. Aquí tedes unha recopilación dalgunhas das actividades realizadas.
Que ben o pasamos!!!

luns, 1 de maio de 2017

LEMOS EN INGLÉS

O alumnado de 4º leu este curso o libro de “ Festivals around the world” en inglés, relacionado co proxecto que estamos a traballar no cole. Prepararon tan ben a súa lectura que fomos a outras clases a lelo.
                                                           Daba gusto escoitalos!!!

20170308_091454
20170308_09154520170308_091534






          







         Moi ben pequen@s!!!