Páxinas

sábado, 24 de febreiro de 2018

ANIVERSARIO DE ROSALÍA DE CASTRO

Para conmemorar o aniversario da nosa máis internacional escritora, realizamos varias actividades no colexio.

Coma sempre os nosos colaboradores da BB tiveron unha participación brillante. Son fantásticos.

IMG-20180223-WA0007IMG-20180223-WA0003                                                   

     No taller que temos os venres na BB, pintamos caricaturas da autora.                                       

                                              IMG-20180223-WA0008                                                                              

   Os nosos colaboradores percorreron as aulas do colexio recitando o poema

   “Adiós ríos, adiós fontes”, leron anacos da biografía de Rosalía e outros poemas.

       IMG-20180223-WA0002IMG-20180224-WA0004    

                             IMG-20180223-WA0001        

    Ao rematar o taller montaron un pequeno mural coas súas aportacións.                        

xoves, 22 de febreiro de 2018

VISITAMOS O MERCADO

Os pequenos peregrinos fixemos un alto no camiño para coñecer a nosa vila e qué mellor xeito de coller folgos que visitar a praza de abastos. Moitas grazas a todos os que nos atenderon, especialmente aos panadeiros que nos deixaron amasar e nos agasallaron con pan e napolitanas.
Agora xa podemos continuar o noso camiño.
                                                                                                                                                                 

mércores, 14 de febreiro de 2018

LEDICIA COSTAS


O mércores día 7 contamos coa visita da escritora Ledicia Costas. Veunos contar moitas anécdotas sobre o seu libro "A señorita Bubble" que leron os nenos e nenas de 5º nivel. Dende o CEIP Xulio Camba queremos agradecerlle a súa simpatía e cercanía cos rapaces e rapazas.
Desexando que pronto nos obsequie coa segunda parte do libro...Moita sorte e moitas gracias!

Podedes ver as fotos do evento pinchando na foto ou no enlace de abaixo...


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Personalize your own photo collage

venres, 2 de febreiro de 2018

O CAMIÑO DA PAZ

Os peques do edificio norte celebramos o Día da Paz estampando as nosas mans en vieiras de peregrinos e, como tales, seguimos a percorrer o noso camiño, nesta ocasión o Camiño da Paz.



xoves, 1 de febreiro de 2018

https://vimeo.com/253569371


DÍA DA PAZ

O alumnado do Ceip Xulio Camba disfrutou xunto con moitos outros nenos e nenas dos demais  colexios de Vilanova, dunha xornada lúdica e reinvindicativa de PAZ, SOLIDARIEDADE, IGUALDADE, RESPETO...

Bailaron e cantaron a canción "Madre tierra" de Chayanne, participaron  nunha carreira benéfica, lanzaron pombas e merendaron dentro dun ambiente de alegría e xogo.

[Pincha no símbolo da Paz para ver o vídeo]

PREMIOS DE NADAL

Os premios aos mellores debuxos do Nadal son para:
  • Daniela e Uxía de 2º
  • Nayara e Diego de 3º
  • Nerea e Alicia de 4º
  • Carla e Aldara de 5º
  • Alba de 6º.


 

  NORABOA A TODOS/AS!!!