Páxinas

venres, 23 de marzo de 2018

NO CAMIÑO

Os pequenos peregrinos xa hai algún tempo que comezamos o noso camiño, agora toca descansar un pouco, retomarémolo despois con máis forza porque xa albiscamos a nosa meta.

      

OS NOSOS TRABALLIÑOS

Estes son os fantásticos traballos que fixeron os cativos de educación infantil inspirados na Pascua. Agardamos que vos gusten.

                                

venres, 16 de marzo de 2018

O CAMIÑO OLÍMPICO

Os xogos olímpicos do Camiño de Santiago acaban de arrancar no Xulio Camba. Para poder gañar debemos contestar a unha serie de preguntas sobre a etapa do Camiño que estamos a traballar. A investigación está aberta, todos podemos participar. Inauguramos as olimpiadas do Xulio Camba!!! Animádevos!!!


Pinchade na imaxe para ver as bases...






sábado, 10 de marzo de 2018

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Dende a nosa BB quixemos que as mulleres da vida dos nosos alumnos/as brillaran con luz propia no centro.

Para conseguilo propuxemos a actividade “A muller máis importante para min”, onde cada alumno/a debía contarnos quen era esa persoa e por que era importante.

Nais, avoas, irmás, curmás…aparecen reflexadas nos seus traballos, cheos de cariño e dulzura.

Elas perporren o Camiño de Santiago con nós, apoiándonos e axudándonos nesta viaxe.

 Noraboa!!IMG-20180309-WA0000                                                                    IMG-20180309-WA0004