Páxinas

martes, 11 de xuño de 2019

XORNALISTAS POR UN DÍA

AS NOVAS DO XULIO CAMBA
Como actividade final do PDI o alumnado de infantil, primeiro, segundo e terceiro preparou e gravou vídeos sobre a importancia da reciclaxe. Como resultado da súa investigación, escribiron a súa reportaxe como verdadeir@s xornalistas.
Que ben o fixeron!!!
https://youtu.be/K1H5o40Yn-Q
( Pincha no enlace para ver o vídeo )



https://youtu.be/jejPrnnUTpU
( Pincha no enlace para ver o vídeo )




luns, 10 de xuño de 2019

O MUNDO DE ANA

Este curso cambiamos radicalmente a forma de rematar o noso PDI en 4º, 5º e 6º. En outubro decidimos crear un musical, embarcándonos nun proxecto que nos trouxo moitas satisfaccións pero tamén moito traballo antes, durante e ao final do traxecto.
Traducimos ao galego un musical italiano e ao inglés a maioría das cancións. Traballamos xuntos os departamentos de música, inglés e o equipo de biblioteca. Os nen@s traballaron ao noso carón sen protestar en ningún momento.
Foi todo un éxito e sentímonos moi orgullos@s do noso alumnado e do resultado do noso traballo.
Noraboa a tod@s!!!


                                         

                                         
                                         
Unha representación do alumnado participante no musical deseñou unha invitación para entregarlle ao señor alcalde coa axuda e sinatura da directora do centro, así como un pase vip deseñado para poder asistir a tal acto.

              

     






venres, 7 de xuño de 2019

RECICLAMOS CON SOLERA


https://youtu.be/94ZjS0G61kQ (Pincha no enlace para ver o vídeo)

Resultado de imagen de juegos reciclados
O alumnado de 6ºA creou spots publicitarios sobre os xogos reciclados que fixeron na aula. Son todos uns artistas!