Páxinas

xoves, 24 de maio de 2018

MUSICONTOS (II)

O luns, o alumnado de primaria, recibiu a visita dos Musicontos que nos trouxeron un conto musicado do Camiño de Santiago relacionado coa Educación Vial. Foi moi divertido! Mirade as fotos e o vídeo...

Moito bailamos!!!


Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
Create your own free collage

mércores, 16 de maio de 2018

LETRAS GALEGAS 2018

Hoxe os pequenos peregrinos do edificio norte apartámonos un pouco do Camiño e festexamos o Día das Letras Galegas botando un baile.
                           

venres, 11 de maio de 2018

HOXE RECOMENDAMOS.....

A DIVERSIÓN DE MARTINA

Hola! Eu son Claudia, teño 11 anos e gústame moito ir a ler a biblio do cole. 
Todos os días vou a biblioteca, si non é pola mañá, pola tarde. Encántame ler. Eu opino que a lectura non é solo unha persoa escribindo, se non que é un modo de vida. 
Resultado de imagen de a diversion de martinaO outro día fumos ca profe a ler e facer traballos, xa que estamos traballando "O Camiño de Santiago"; fixemos moitos murais e como eu acabara a miña parte, púxenme a investigar se había libros novos, e claro que había, había moitos! Pero houbo un que era moi pedido na escola, e tiña que aproveitar que estaba libre. Empecei a lelo e en 3 dias xa o rematei. A verdade que é un dos libros que che incita e que che incita a ler, deses que non queres parar, por eso escribo esto xa que é un libro xenial. 

Grazas Claudia pola túa valiosa aportación!!!




venres, 4 de maio de 2018

ENQUISA SOBRE A BIBLIOTECA ESCOLAR

Para evaluar o correcto funcionamento da nosa biblioteca e obter datos reais sobre o hábito lector do noso alumnado, pasamos unha enquisa a todos os nosos alumnos/as. Unha vez rematado o prazo, analizaremos os resultados obtidos e tomaremos as medidas necesarias.




A continuación pasamos a enquisa a todo o profesorado do centro. Cos datos obtidos nas enquisas elaboraremos unha gráfica que nos será de gran utilidade para avaliar o funcionamento da biblioteca durante o presente curso escolar e realizar os cambios oportunos.

XA PASAMOS AS ENQUISAS!!!


Podedes ver os resultados, pulsando na imaxe...