Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta PDI: As nosas pegadas.... Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PDI: As nosas pegadas.... Amosar todas as publicacións

luns, 18 de xuño de 2018

domingo, 15 de abril de 2018

A NOSA TARTA DE SANTIAGO

E para acompañar no camiño qué mellor que esta riquísima tarta de Santiago. Grazas Victoria pola túa axuda.
                          

venres, 23 de marzo de 2018

NO CAMIÑO

Os pequenos peregrinos xa hai algún tempo que comezamos o noso camiño, agora toca descansar un pouco, retomarémolo despois con máis forza porque xa albiscamos a nosa meta.

      

venres, 16 de marzo de 2018

O CAMIÑO OLÍMPICO

Os xogos olímpicos do Camiño de Santiago acaban de arrancar no Xulio Camba. Para poder gañar debemos contestar a unha serie de preguntas sobre a etapa do Camiño que estamos a traballar. A investigación está aberta, todos podemos participar. Inauguramos as olimpiadas do Xulio Camba!!! Animádevos!!!


Pinchade na imaxe para ver as bases...






venres, 2 de febreiro de 2018

O CAMIÑO DA PAZ

Os peques do edificio norte celebramos o Día da Paz estampando as nosas mans en vieiras de peregrinos e, como tales, seguimos a percorrer o noso camiño, nesta ocasión o Camiño da Paz.



venres, 26 de xaneiro de 2018

FACENDO CAMIÑO

Os pequenos peregrinos recibimos a visita de Tino Lores, presidente da Asociación de Amigos do Camiño Portugués, contounos unha chea de cousas interesantes sobre o Camiño e ata camiñamos co bordón como auténticos peregrinos.
Moitas grazas pola visita Tino.






                                    

luns, 20 de novembro de 2017

Buscamos: O peregrino


Moitos nenos e nenas participaron no Buscamos do mes de outubro pero só dúas compañeiras acertaron. NEREA PÉREZ y NOELIA OUBIÑA de 4º B foron as gañadoras.


                  


Gracias por concursar no buscamos da biblioteca!!! Acordádevos de participar a próxima vez!
   
                                                                                                                                        
                                                                                                                                                   A biblioteca de Don Mexillón

luns, 9 de outubro de 2017

PDI: AS NOSAS PEGADAS…

ARRANCAMOS...(cando comezamos o noso alumnado aínda non sabía o título do PDI).

Esta semana no recreo estivemos a deixar pistas sobre o PDI deste curso.
Un día encontraron unha mochila, outro un pucho, un caxado, unha cuncha, unhas botas… e o último día unha capa. Debuxáronnos na aula, escribiron o seu nome en castelán, galego e inglés e como o noso alumnado é moi intelixente chegou a conclusión de que o  proxecto trataba sobre Camiño de Santiago.

Pois sí, imos a traballar os diferentes CAMIÑOS. Para seguir coa toma de contacto e descubrir o que os nenos/as saben, na nosa sección “BUSCAMOS” teñen que investigar  sobre os obxectos que acompañan ao peregriño e adiviñar o seu nome.

IMG-20171021-WA0001IMG-20171021-WA0004                                                                                                                               

venres, 6 de outubro de 2017


Resultado de imagen de imagenes del camino de santiago
COMEZA A NOSA ANDADURA...

Este curso temos unha misión: desenvolver un PDI que terá como tema central o Camiño de Santiago, chamámolo "As nosas pegadas..." A biblioteca será o centro de mando que axude a favorecer a observación, a consulta e a investigación para dar resposta aos diferentes interrogantes sobre os diferentes Camiños: de onde parten, por onde pasan, a súa gastronomía, patrimonio cultural... para rematar en Santiago.

Acompañádenos na nosa andadura, axudádenos, contádenos as vosas vivenzas e disfrutade con nós.