Páxinas

luns, 21 de outubro de 2019

OS NOSOS COLABORADORES

Non nos fartamos de falar dos nosos colaboradores, son fantástic@s e uns/ unhas artistas. So hai que ver o resultado final.

Pintando o cartel do noso PDI

NOVOS FONDOS

Este curso seguimos a traballar a igualdade de oportunidades e a inclusión dentro da biblioteca.Para tal fin mercamos estes libros.
Animádevos a lelos!!

domingo, 6 de outubro de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante a primeira semana de outubro estivemos a formarnos na nosa biblioteca. Os nosos colaboradores, coma sempre, desempeñaron a sùa función á perfección. Contáronnos tanto a profes como a alumnado como funciona, como encontrar un libro así como as normas máis importantes a ter en conta.Realizamos uns xogos de pistas e agora xa sabemos navegar entre os libros.GRAZAS!



DON MEXILLÓN O NOSO GALEGO FAVORITO

D. Mexillón tamén quere darvos a benvida a este novo curso e para iso ataviouse coas súas mellores roupas.

martes, 1 de outubro de 2019

CURSO 2019- 2020


Resultado de imagen de galicia
BENVID@S!!!
Este curso empezamos cuns folgos especiais porque imos a traballar a nosa terra, Galiza, no noso PDI. Estamos entusiasmad@s coa temática.
Animádevos a traballar con nós. Necesitamos moitas ideas.