Páxinas

luns, 7 de marzo de 2016

As froitas chegan ao colexio!!



O noso centro ademais de participar dentro do plan proxecta "Aliméntate ben" co sabor da aventura está no mar, tamén participa na modalidade froitas na escola. É por iso que ao longo desta semana repartiremos unha peza de froita aos nosos alumnos á hora da merenda e realizaremos diferentes actividades co principal obxectivo de mellorar os hábitos alimenticios dos pequenos. 

venres, 4 de marzo de 2016

Hoxe veu ao cole María del Carmen, nai de Carmen, alumna de 2ºB. Explicounos en que consiste o seu traballo de importación  e exportación de marisco, as clases de ameixa, as técnicas de captura e a identificar as que son aptas para o consumo.
Tamén tivemos a oportunidade de mariscar na nosa biblioteca! Foi unha experiencia fantástica!  A nai de Carmen trouxo uns capachos con area nos que había ameixas e berberechos, nós tiñamos collelos e dicir que era! Desta forma tan divertida ensinounos a diferencialos. 

Grazas por unha explicación tan didáctica e distinta!





















Manuel avó de Lola, chegou á aula de primeiro cun cofre para ensinarlles aos nenos dunha forma divertida as distintas especies de peixes que hai no mar e as plantas que alí viven. Tamén leu un conto que tiña como protagonista un cabaliño de mar, mentres de fondo oíanse as ondas do mar! Manuel despediuse dos nosos alumnos ensinándolles dúas cantigas mariñeiras, eles cantaron con el moi emocionados! 

Grazas Manuel por preparar unha clase tan divertida!








martes, 1 de marzo de 2016

Con Xosé, avó de Lara, escoitamos historias de mares afastados, imaxinamos o  baile dunha balea, coñecemos o labor dos galeóns que surcaban as nosas rías, escoitamos o son das caracolas e puidemos tocar a coiraza dunha tartaruga xigante... Grazas Xosé por compartir a túa sabedoría connosco!