Páxinas

martes, 23 de abril de 2019

LECTURAS RECICLADAS NO DÍA DO LIBRO

Dentro das actividades que estamos a realizar para conmemorar o Día Internacional do Libro, o alumnado máis novo de Ed. Primaria acercouse as aulas dos maiores para ler algún capítulo do fabuloso e universal libro de "D. Quijote de la Mancha".

luns, 22 de abril de 2019

DÍA DO LIBRO 2019

Conmemoramos con tod@s este día tan importante como é "O DÍA DO LBRO".
Algúns/as compañeir@s van a explicarvos por que se celebra.

(Debido a erros técnicos o fondo do vídeo non está rematado). 

Noraboa pola vosa actuación!!! Sen vós nada sería posible!!!

Ademais podedes ver unha fantástica curta de animación premiada pola súa orixinalidade:"The flying books,
     
The flying books   (Pincha no enlace para ver o vídeo)

Disfrutade pequen@s grandes lectores: FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

xoves, 18 de abril de 2019

COCIÑAMOS EN INGLÉS PERO SABE COMO EN ESPAÑOL

Despois de tanto traballo adicamos unhas sesións a cociñar en inglés. Non fumos expertos pero súponos a gloria. Por suposto Kelsey tamén estivo con nós. Por certo non lle gusta o "tuna". Que será iso? Busca, busca..
https://photos.app.goo.gl/bRR7W6nT2Y2gtMNY8
(Pincha no enlace para ver as fotos)

luns, 8 de abril de 2019

ALICIA BORRÁS

Onte visitounos a escritora Alicia Borrás. Falounos moito das súas obras e futuros proxectos. Disfrutamos moito escoitándoa e cando rematamos firmounos os libros que nós traballamos na aula: "Nata y chocolate" y "Nata y chocolate invencibles". Grazas Alicia!!








martes, 2 de abril de 2019

2 DE ABRIL

Hoxe é o día mundial da concienciación sobre o autismo.


PICTOCUENTOS (Pincha no enlace para ler os contos)
Grazas Belén por compartir!!

MELLORAMOS A NOSA CONTORNA

Con motivo do Día da árbore e seguindo coas actividades que estamos a realizar dentro do PDI "MELLORAMOS O NOSO COLE" o alumnado de Ed. Infantil e 1º ciclo xunto co profesorado correspondente acudiu ao monte das "Patiñas" para plantar árbores autóctonas.
Axudoulles moito o papá de Gabriel e Martina.
 Grazas!!! Pasáronno pipa!!!




Ao día seguinte o alumnado de,4º,5º e 6º, seguindo as directrices que marca o noso proxecto acercouse ata a praia do Terrón para realizar tarefas de limpeza e reciclado de materiais.

Unhas xornadas de convivencia para reforzar a importancia que debe ter para nós a natureza e aprender a respetar e coidar o medio ambiente.