Páxinas

xoves, 27 de outubro de 2016

22 de outubro: Día 


Internacional da 

Biblioteca Escolar

A IASL, International Association of School Libraries, convoca anualmente no cuarto luns do mes de outubro a conmemoración do Día Internacional da Biblioteca Escolar, como un xeito de facer visibles as bibliotecas nas súas comunidades educativas. O lema elixido para este ano é APRENDENDO MÁIS E MELLOR DENDE A TÚA BIBLIOTECA ESCOLAR, incidindo na importancia deste recurso educativo na mellora das aprendizaxes.
Propóñense algunhas actividades, entre outras posibles, no seguinte documento:


domingo, 23 de outubro de 2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Mañán luns 24 de outubro celébrase o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
Para festexalo, na nosa biblioteca imos a proxectar “The flying books” de Mr. Morris Lessmore, curtametraxe animada de 2011. Foi dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg e gañou un Óscar á mellor curtametraxe de animación.
https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&sqi=2&ved=0ahUKEwjhs4D5kvHPAhXCWRQKHbAECccQ3ywIHTAA&url=https%3A%2F%2Fwww.youtube.com%2Fwatch%3Fv%3DBVtI0Yb_Enc&usg=AFQjCNHiy7rONNXVgk-Px6NijoKzEaE5lQ&sig2=tM1Ei4llCRnZOEXQW9DLQw&bvm=bv.136593572,d.d24

xoves, 20 de outubro de 2016

Bob Dylan: premio Nobel de Literatura


   Resultado de imagen de fotos de bob dylan Este ano o premio Nobel de literatura 2016 non o acadou un escritor digamos "de libros" senón un gran POETA DA MÚSICA. A Academia sueca concedeulle o seu máis importante premio ao cantante BOB DYLAN "por ter creado novas expresións poéticas no marco da gran tradición musical americana". Como dixo Sara Danius, secretaria permanente da Academia cando anunciou o Premio: "Pode ser escoitado e pode ser leido, é un gran poeta na tradición do inglés".

    O cantante americano, ademáis de polo público de varias xeracións, ve así aínda máis recoñecida a súa obra, despois de  ter recibido o Pulitzer en 2008 e o Premio Príncipe de Asturias das Artes no ano 2007. Esta vez o efecto secundario cada vez que un escritor recibe un premio deste calibre, non vai achegar aos lectores ata as librerías senón as tendas de música....
  FEITO POR : FÁTIMA, LAURA E AITANA.

venres, 7 de outubro de 2016

XA ABRE A NOSA BIBLIO!!!

A partir do próximo luns xa podemos coller libros na biblio. Preparados, listos, xa!!!

mércores, 5 de outubro de 2016

FORMACIÓN DE USUARIOS




O alumnado colaborador deseñou e presentou con axuda das profesoras da biblioteca un power point co obxectivo de formar aos seus compañeiros no uso e manexo da BB.

Ademais, realizou xogos de pistas adaptadas a cada nivel para familiarizalos co manexo dos fondos da biblioteca.