Páxinas

xoves, 26 de outubro de 2017

TRABALLOS DE OUTONO

Que anda a facer o alumnado do xulio Camba?

Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria:

IMG-20171025-WA0003IMG-20171025-WA0003

entre caracois e pantasmas. O Samaín anda cerca….

IMG-20171025-WA0009IMG-20171025-WA0010

Os de 5 anos de Infantil recrearon estas marabillosas aves nocturnas para as que precisaron traer piñas ao cole:

IMG-20171025-WA0011IMG-20171025-WA0012

Os de 4º, eleboraron carteis para a reivindicación contra o lume que arrasou a nosa comunidade:

20171016_11244820171016_112604

QUE SIGAN ASÍ! Da gusto velos!!!

martes, 24 de outubro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA


Hoxe foi un día especial na nosa Biblioteca. Para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares" sacamos os libros do centro. Os colaboradores e as profes crearon recunchos de lectura onde foron ubicándose os nenos e nenas que iban saíndo ao patio.

Sentímonos libres lendo fora!

Pinchade no cartel para ver as fotos do evento!



Foi ademais especial porque na nosa Biblio recibimos a visita de varias autoridades que quixeron celebrar o día con nós. Que importantes nos sentimos!!!

Se pinchades nesta foto poderedes ver a noticia no portal da Xunta...


domingo, 22 de outubro de 2017


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O día 24 de Outubro celébrase o día das Bibliotecas. No cole imos a conmemoralo realizando diversas actividades.

Durante toda a mañán poderedes baixar cos vosos profes a BB para ver a curtametraxe "The flying books" que gañou un óscar en 2011.

Ademais no recreo imos  ter unha sorpresa porque a BB vai a estar pechada, os colaboradores e as profes da Biblio van a estar no patio ...Onde estarán ese día os libros? Pensa e o descubrirás!!!




               Aquí tedes o enlace para ver a curtametraxe:



luns, 16 de outubro de 2017

NUNCA MÁIS AOS LUMES NA NOSA TERRA!

Onte foi un día triste para a nosa terra. Arden as nosas casas,arden os nosos negocios, arden os nosos montes...Arde a nosa riqueza ambiental! No CEIP Xulio Camba temos algo que dicir:

NUNCA MÁIS AOS LUMES!

XUNTOS CONTRA O LUME!





                                        



luns, 9 de outubro de 2017

PDI: AS NOSAS PEGADAS…

ARRANCAMOS...(cando comezamos o noso alumnado aínda non sabía o título do PDI).

Esta semana no recreo estivemos a deixar pistas sobre o PDI deste curso.
Un día encontraron unha mochila, outro un pucho, un caxado, unha cuncha, unhas botas… e o último día unha capa. Debuxáronnos na aula, escribiron o seu nome en castelán, galego e inglés e como o noso alumnado é moi intelixente chegou a conclusión de que o  proxecto trataba sobre Camiño de Santiago.

Pois sí, imos a traballar os diferentes CAMIÑOS. Para seguir coa toma de contacto e descubrir o que os nenos/as saben, na nosa sección “BUSCAMOS” teñen que investigar  sobre os obxectos que acompañan ao peregriño e adiviñar o seu nome.

IMG-20171021-WA0001IMG-20171021-WA0004                                                                                                                               

venres, 6 de outubro de 2017


Resultado de imagen de imagenes del camino de santiago
COMEZA A NOSA ANDADURA...

Este curso temos unha misn: desenvolver un PDI que terá como tema central o Camiño de Santiago, chamámolo "As nosas pegadas..." A biblioteca será o centro de mando que axude a favorecer a observación, a consulta e a investigación para dar resposta aos diferentes interrogantes sobre os diferentes Camiños: de onde parten, por onde pasan, a súa gastronomía, patrimonio cultural... para rematar en Santiago.

Acompañádenos na nosa andadura, axudádenos, contádenos as vosas vivenzas e disfrutade con nós.

mércores, 4 de outubro de 2017

FORMACIÓN DE USUARIOS

Formación de Usuarios

Esta semana estamos a facer a Formación de Usuarios para toda a comunidade educativa. Os nosos colaboradores/as están a altura dos grandes oradores. Noraboa!!!

 
Tanto o profesorado como os demáis compañeiros preguntaron todas as dúbidas que xurdiron.
Para comprobalo utilizamos un xogo de pistas e non se equivocaron nen unha sola vez. Fantásticos!!!