Os nenos de 2º, 3º e 4º de Educación Primaria adentrámonos na Ría de Arousa subidos nun gran cantamarán para observar de preto todo o proceso do cultivo e recollida do mexillón. Tivemos a gran sorte de que o pai de Dani (alumno de 2ºB) acompañásenos na nosa viaxe para ir explicándonos paso a paso as fases do cultivo. Moitas grazas!
Pulsa no seguinte ligazón para velo:
Vídeo saída en catamarán
martes, 28 de xuño de 2016
AVENTÚRATE! COME BEN!
Xa podedes ver o ANUNCIO que gravaron algúns dos voso compañeiros!!! Escoitade ben os consellos que vos dan e facerlles moito caso!
luns, 27 de xuño de 2016
Decoración mariña
O sabor a mar inundou todos os recunchos do noso colexio.As mascotas do noso proxecto paseáronse polos corredores e amenizaron todo tipo de actividades.Foron os nosos grandes compañeiros durante todo este curso.
sábado, 25 de xuño de 2016
Pequenas grandes persoas!!
Os máis pequenos do colexio tamén traballaron no proxecto.Traballaron ao pintor Sorolla facendo na aula cadros preciosos que nos lembraban a este gran pintor. Tiveron charlas sobre o mar, viron documentais e traballaron arreo na aula. Son as nosas pequenas , grandes persoas!!!
Os protagonistas do noso proxecto
Estes son os protagonistas principais do noso proxecto. Os nosos pequen@s xunto cos personaxes dos contos traballados nas aulas.Cada personaxe representaba a un tipo de peixe.
Que guapos son!!!.
Traballando co mar
Xa sabedes que este curso traballamos o mar dentro da aula. Tivemos visitas de familiares, unha bióloga, un submarinista, dúas dietistas... Todos eles faláronnos sobre algo relacionado co mar. A partir de aquí é dos contos traballados na aula fixemos multitude de actividades.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)