Páxinas

sábado, 2 de novembro de 2019

HALLOWEEN/ SAMAÍN


O mércores 30 de novembro celebramos no cole un dos festivais máis terroríficos e ao mesmo tempo que máis lles gusta ao noso alumnado.
A entrada do cole era tenebrosa e as cabazas terroríficamente decoradas axudaban a dar o toque de medo que a celebración requería.
O noso alumnado e profesorado tamén asustaba. Dende monstros ata paiasos pasando polas bruxas coas súas escobas, desfilaron polo cole poñendo a nota festiva a esta celebración de orixe celta.
Os nosos colaboradores recitaron un conxuro para asustar aos malos espiritos e todos os nenos e nenas botaron a queimar ese medo que estaba no fondo do peito.

Tamén bailamos ao son dunha música típica desta festa.

Para dar o toque narrativo a este festival celebramos un concurso de contos de medo e os gañadores foron polas aulas lendo as súas terroríficas composicións.






                                           
                        

E non podían faltar os nosos contacontos en inglés. Uns artistas que lograron atraer á atención de todos os compañeiros do cole que foron pasando pola biblioteca para escoitar os seus contos en inglés.




Noraboa a tod@s!!!

Feliz Samaín/ Happy Halloween