Estes son os protagonistas principais do noso proxecto. Os nosos pequen@s xunto cos personaxes dos contos traballados nas aulas.Cada personaxe representaba a un tipo de peixe.
Xa sabedes que este curso traballamos o mar dentro da aula. Tivemos visitas de familiares, unha bióloga, un submarinista, dúas dietistas... Todos eles faláronnos sobre algo relacionado co mar. A partir de aquí é dos contos traballados na aula fixemos multitude de actividades.
Os nosos pequechos foron actores por un día para anunciar as propiedades do peixe.
Que ben o fixeron!!!
mércores, 18 de maio de 2016
Este é o gañador da nosa sección BUSCAMOS!
NORABOA TRISTÁN!!!
martes, 19 de abril de 2016
MULAN
Con motivo do día do libro que se celebrará o vindeiro día 23 de abril, os alumnos/as de 5º A presentaron power points aos seus compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º sobre un libro en inglés traballado na clase, Mulan.
Estiveron fantásticos!
luns, 11 de abril de 2016
DÍA 1 DE ABRIL
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Este ano homenaxeamos a Castelao. Con tal ocasión os nenos de 5º fixemos unha visita dirixida ao museo de Pontevedra para achegarnos moito mais a obra do noso ilustre autor.