Páxinas

mércores, 22 de xuño de 2016

Don Mexillón Studios

Os nosos pequechos foron actores por un día para anunciar as propiedades do peixe.

Que ben o fixeron!!!



mércores, 18 de maio de 2016

martes, 19 de abril de 2016

MULAN
Con motivo do día do libro que se celebrará o vindeiro día 23 de abril, os alumnos/as de 5º A presentaron power points aos seus compañeiros de 3º, 4º, 5º e 6º sobre un libro en inglés traballado na clase, Mulan.
Estiveron fantásticos!

















luns, 11 de abril de 2016

DÍA 1 DE ABRIL
DÍA DAS ARTES GALEGAS
Este ano homenaxeamos a Castelao. Con tal ocasión os nenos de 5º fixemos unha visita dirixida ao museo de Pontevedra para achegarnos moito mais a obra do noso ilustre autor.




     
     

luns, 4 de abril de 2016

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO NO COLEXIO.

2 DE ABRIL:DÍA INTERNACIONAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

ASPECTOS A TER EN CONTA:
O meu mundo e o mesmo que o teu.
 Escoitote mellor cando non te miro.
As esterotipias axudanme a autorregularme.
Comprendo a linguaxe, pero proceso mellor a información visual.




Algunhas familias colaboraron con nos na celebración do día do autismo.

O alumnado colaborou encantado nas actividades propostas.





luns, 7 de marzo de 2016

As froitas chegan ao colexio!!



O noso centro ademais de participar dentro do plan proxecta "Aliméntate ben" co sabor da aventura está no mar, tamén participa na modalidade froitas na escola. É por iso que ao longo desta semana repartiremos unha peza de froita aos nosos alumnos á hora da merenda e realizaremos diferentes actividades co principal obxectivo de mellorar os hábitos alimenticios dos pequenos. 

venres, 4 de marzo de 2016

Hoxe veu ao cole María del Carmen, nai de Carmen, alumna de 2ºB. Explicounos en que consiste o seu traballo de importación  e exportación de marisco, as clases de ameixa, as técnicas de captura e a identificar as que son aptas para o consumo.
Tamén tivemos a oportunidade de mariscar na nosa biblioteca! Foi unha experiencia fantástica!  A nai de Carmen trouxo uns capachos con area nos que había ameixas e berberechos, nós tiñamos collelos e dicir que era! Desta forma tan divertida ensinounos a diferencialos. 

Grazas por unha explicación tan didáctica e distinta!