Páxinas

luns, 27 de xuño de 2016

Decoración mariña


O sabor a mar inundou todos os recunchos do noso colexio.As mascotas do noso proxecto paseáronse polos corredores e amenizaron todo tipo de actividades.Foron os nosos grandes compañeiros durante todo este curso.

 

 

 

sábado, 25 de xuño de 2016

Pequenas grandes persoas!!

Os máis pequenos do colexio tamén traballaron no proxecto.Traballaron ao pintor Sorolla facendo na aula cadros preciosos que nos lembraban a este gran pintor. Tiveron charlas sobre o mar, viron documentais e traballaron arreo na aula. Son as nosas pequenas , grandes persoas!!!













Os protagonistas do noso proxecto


Estes son os protagonistas principais do noso proxecto. Os nosos pequen@s xunto cos personaxes dos contos traballados nas aulas.Cada personaxe representaba a un tipo de peixe.
Que guapos son!!!.










Traballando co mar

Xa sabedes que este curso traballamos o mar dentro da aula. Tivemos visitas de familiares, unha bióloga, un submarinista, dúas dietistas... Todos eles faláronnos sobre algo relacionado co mar. A partir de aquí é dos contos traballados na aula fixemos multitude de actividades.


















Working with the sea

O alumnado da SSBB tamén traballou o mar na clase de Art.

Fixádevos que traballos máis bonitos fixeron!!!