Páxinas

venres, 4 de marzo de 2016

Hoxe veu ao cole María del Carmen, nai de Carmen, alumna de 2ºB. Explicounos en que consiste o seu traballo de importación  e exportación de marisco, as clases de ameixa, as técnicas de captura e a identificar as que son aptas para o consumo.
Tamén tivemos a oportunidade de mariscar na nosa biblioteca! Foi unha experiencia fantástica!  A nai de Carmen trouxo uns capachos con area nos que había ameixas e berberechos, nós tiñamos collelos e dicir que era! Desta forma tan divertida ensinounos a diferencialos. 

Grazas por unha explicación tan didáctica e distinta!





















Manuel avó de Lola, chegou á aula de primeiro cun cofre para ensinarlles aos nenos dunha forma divertida as distintas especies de peixes que hai no mar e as plantas que alí viven. Tamén leu un conto que tiña como protagonista un cabaliño de mar, mentres de fondo oíanse as ondas do mar! Manuel despediuse dos nosos alumnos ensinándolles dúas cantigas mariñeiras, eles cantaron con el moi emocionados! 

Grazas Manuel por preparar unha clase tan divertida!








martes, 1 de marzo de 2016

Con Xosé, avó de Lara, escoitamos historias de mares afastados, imaxinamos o  baile dunha balea, coñecemos o labor dos galeóns que surcaban as nosas rías, escoitamos o son das caracolas e puidemos tocar a coiraza dunha tartaruga xigante... Grazas Xosé por compartir a túa sabedoría connosco!











luns, 29 de febreiro de 2016

Un mariñeiro na aula de 3 anos!

Hoxe Camilo, pai dos nosos alumnos Manu e Iván, visitou a clase dos nenos de 3 anos 
para contarlles moitas anécdotas da súa profesión de mariñeiro. Os nenos disfrutaron moito das historias que lles contou e estiveron moi atentos a todas as explicacións.















mércores, 24 de febreiro de 2016




EMPEZAN AS EXPOSICIÓNS!!!

Hoxe visitou a aula de 2º B o noso primeiro conferenciante, Richard Vázquez (alumno de 4º B).
Contounos un montón de cousas interesantes sobre as nasas.










Hoxe celébrase o aniversario de Rosalía de Castro que naceu o 24 de febreiro de 1837 en Santiago de Compostela e faleceu o 15 de xullo de 1885 en Padrón, A Coruña.
María Rosalía Rita de Castro foi unha poetisa e escritora e unha das claves do "Rexurdimento Galego" (O "Rexurdimento" é a recuperación do galego). Entre as súas obras máis importantes destacan:

-Cantares Gallegos.
-A orillas del Sar.
-La Flor.



Aportación de Daniela Dios de 6º A