domingo, 17 de decembro de 2017
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS DE NADAL
Os nosos mellores desexos de paz e felicidade!!!
mércores, 13 de decembro de 2017
EXCURSIÓN A SANTIAGO DE COMPOSTELA
O alumnado de 4º de Primaria visitou a capital galega para coñecer in situ a cidade.
Na Praza do Obradoiro: o Hostal dos Reis Católicos e o Pazo de Raxoi ao fondo.
Diante do Museo da Catedral e do Pazo de Xelmírez.
Observando con atención a Atlas.
Diante da Sombreirería Iglesias, tenda emblemática da cidade.
No tellado da catedral observando a Torre da Berenguela.
PASÁMOLO FENÓMENAL. ATA PRONTO!!!
luns, 20 de novembro de 2017
Buscamos: O peregrino
Moitos nenos e nenas participaron no Buscamos do mes de outubro pero só dúas compañeiras acertaron. NEREA PÉREZ y NOELIA OUBIÑA de 4º B foron as gañadoras.
Gracias por concursar no buscamos da biblioteca!!! Acordádevos de participar a próxima vez!
A biblioteca de Don Mexillón
xoves, 16 de novembro de 2017
O MAGOSTO
O martes, 14 de novembro celebramos o magosto no Xulio Camba.
Comezamos preparando cestiños onde poñer as castañas.
Continuamos participando nos xogos tradicionais.
Para repoñer forzas, castañas asadas.
E, entre castaña e castaña, acabou a cara pintada.
VIVAN AS CELEBRACIÓNS POPULARES!!!
mércores, 8 de novembro de 2017
XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL
domingo, 5 de novembro de 2017
ENTUSIASMO E PROXIMIDADE SON A CLAVE DA DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Ángel Carracedo.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Manifiesto_mesdacienciagalegob14.pdf
Para celebralo imos pedir ao noso alumnado que traia á Biblioteca algún experimento ou invento que queira que todos coñezamos.
Animámosvos a participar!!!
venres, 3 de novembro de 2017
O NOSO SAMAÍN
xoves, 2 de novembro de 2017
luns, 30 de outubro de 2017
xoves, 26 de outubro de 2017
TRABALLOS DE OUTONO
Que anda a facer o alumnado do xulio Camba?
Os rapaces e rapazas de 1º de Primaria:
entre caracois e pantasmas. O Samaín anda cerca….
Os de 5 anos de Infantil recrearon estas marabillosas aves nocturnas para as que precisaron traer piñas ao cole:
Os de 4º, eleboraron carteis para a reivindicación contra o lume que arrasou a nosa comunidade:
QUE SIGAN ASÍ! Da gusto velos!!!
martes, 24 de outubro de 2017
DÍA INTERNACIONAL DA BIBLIOTECA
Hoxe foi un día especial na nosa Biblioteca. Para celebrar o "Día das Bibliotecas Escolares" sacamos os libros do centro. Os colaboradores e as profes crearon recunchos de lectura onde foron ubicándose os nenos e nenas que iban saíndo ao patio.
Sentímonos libres lendo fora!
Pinchade no cartel para ver as fotos do evento!
Foi ademais especial porque na nosa Biblio recibimos a visita de varias autoridades que quixeron celebrar o día con nós. Que importantes nos sentimos!!!
Se pinchades nesta foto poderedes ver a noticia no portal da Xunta...
domingo, 22 de outubro de 2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
O día 24 de Outubro celébrase o día das Bibliotecas. No cole imos a conmemoralo realizando diversas actividades.
Durante toda a mañán poderedes baixar cos vosos profes a BB para ver a curtametraxe "The flying books" que gañou un óscar en 2011.
Ademais no recreo imos ter unha sorpresa porque a BB vai a estar pechada, os colaboradores e as profes da Biblio van a estar no patio ...Onde estarán ese día os libros? Pensa e o descubrirás!!!