Como veñen facendo dende hai varios cursos, os alumn@s de primeiro da ESO do IES A BASELLA apadriñaron ao noso alumnado.
Este curso a novidade é a maneira de apadriñar que é virtual. Pero nós sentímonos moi agradecid@s e moi emocionad@s de escoitar e ver aos nos@s padriños e madriñas contando as súas fantásticas historias.
Grazasss!!!
https://view.genial.ly/5ef184a82086a20d2dbb7d41/horizontal-infographic-lists-contame-un-conto.
( Pincha no enlace para escoitar ás túas madriñas e padriños).
A Biblioteca de Don Mexillón
Bitácora da biblioteca do CEIP Xulio Camba
martes, 23 de xuño de 2020
mércores, 27 de maio de 2020
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Dentro das actividades que dende o equipo de EDNL en colaboración coa biblioteca escolar realizamos destaca unha cantiga. Foi realizada polo noso compañeiro Fernando e musicada polo tamén compeñeiro José. Uns artistas a ter en conta!
!NON DEIXES DE RIR, O MELLOR ESTÁ POR VIR
!NON DEIXES DE RIR, O MELLOR ESTÁ POR VIR
martes, 28 de abril de 2020
GALICIA
Durante esta cuarentena tanto os profes como o alumnado andivo a percorrer Galicia pero virtualmente claro. Disfrutamos a nosa viaxe e deixámola plasmada nestes fermosos vídeos.
OS PROFES DO XULIO CAMBA PERCORREN GALICIA
O NOSO ALUMNADO TAMÉN A PERCORREU
OS PROFES DO XULIO CAMBA PERCORREN GALICIA
O NOSO ALUMNADO TAMÉN A PERCORREU
martes, 31 de marzo de 2020
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Para celebrar a semana da muller tivemos a sorte de contar no cole con mulleres que dunha maneira ou doutra son importantes. Unha bióloga, unha cradora de xoias, unha gaiteira, unha etnóloga e unha mariscadora.
Todas elas nos ensinaron a valorar a igualdade e a repetar as diferenzas.
Aprendemos cousas que non sabiamos do seu traballo e aprendimos que traballar non é unha cuestión de sexos.
DÍA DA MULLER ( pincha no enlace para ver as fotos)

mércores, 12 de febreiro de 2020
NOVIDADES
Estamos a expurgar na nosa biblio pero tamén acabamos de mercar novas coleccións.
Son libros chamativos e actuais que vos farán pasar momentos inolvidables.
domingo, 8 de decembro de 2019
XIRONSA
O pasado xoves día 5 disfrutamos, cantamos e bailamos con algúns dos integrantes do grupo Xironsa.
Presentáronnos os instrumentos tradicionais que eles tocan e ensináronnos técnicas para usalos.
Pasamos uns momentos moi agradables e sentimos que a música galega é unha parte moi importante da nosa cultura e do noso día a día.
https://drive.google.com/open?id=1-3XlvN63rEjcYQDQDAORN0kJtbQ7BEVG
(Pincha no enlace para ver o vídeo)

sábado, 2 de novembro de 2019
HALLOWEEN/ SAMAÍN
A entrada do cole era tenebrosa e as cabazas terroríficamente decoradas axudaban a dar o toque de medo que a celebración requería.
O noso alumnado e profesorado tamén asustaba. Dende monstros ata paiasos pasando polas bruxas coas súas escobas, desfilaron polo cole poñendo a nota festiva a esta celebración de orixe celta.
Os nosos colaboradores recitaron un conxuro para asustar aos malos espiritos e todos os nenos e nenas botaron a queimar ese medo que estaba no fondo do peito.
Para dar o toque narrativo a este festival celebramos un concurso de contos de medo e os gañadores foron polas aulas lendo as súas terroríficas composicións.
E non podían faltar os nosos contacontos en inglés. Uns artistas que lograron atraer á atención de todos os compañeiros do cole que foron pasando pola biblioteca para escoitar os seus contos en inglés.
Noraboa a tod@s!!!
Feliz Samaín/ Happy Halloween
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)