Dende o ano 2013-2014 impártese a educación visual e plástica en inglés(actualmente en 2º,3º e 4º de Primaria), para mellorar a competencia escrita e oral neste idioma.
Algúns alumnos/as traballando
O 14 de febreiro tivo lugar unha charla por parte da Garda Civil sobre o acoso escolar para os pais e nais dos nenos e nenas do terceiro ciclo. Proporcionaron varios enlaces de interese que podedes atopar na sección "O RINCÓN DOS PAIS", na marxe dereita deste blogue.
Grazas a todos e todas os/as asistentes.
Parabéns, ademais, por todas estas iniciativas que nos achegan máis á realidade.
Para celebrar o día de San Valentíndecidimos pedir a colaboración das familias para decorar o centro. Como materia prima só contabamos con cunchas de mexillón (naturais ou elaboradas) e velaí os resultados.
Gracias a todas as familias por vir contarnos as vosas vivencias nos diferentes países que visitou Phileas Fog.
Nesta ocasión o alumnado de 4º de Primaria coa persoa que veu falar de Estados Unidos. ESPERÁMOSVOS!!!
O 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz cunha gran xuntanza de todos os Colexios de Primaria de Vilanova de Arousa
Bailamos ao son de “Quérote máis” e donamos alimentos para unha asociación da zona.