Páxinas

mércores, 28 de xuño de 2017

PREMIOS EDUCACIÓN VIAL

A semana pasada entregáronse no Concello de Vilanova de Arousa os Premios enmarcados dentro da campaña "Xeración 0.0" que discurriron ao longo do curso nos centros da vila. Catro dos nosos alumnos e alumnas recibiron o seu diploma e varios agasallos didácticos como gañadores nas distintas categorías: 
  • Borja Collazo de 4ºA de Educación Infantil.
  • Yago Agrelo de 5ºA de Educación Infantil.
  • Lorena Iglesias de 2ºA de Educación Primaria.
  • Brais Serantes de 3ºB de Educación Primaria.


Gracias pola vosa participación e noraboa!

sábado, 24 de xuño de 2017

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS VERÁN 2017

O verán é tempo de lecer, de vivir aventuras fantásticas, de construir soños, de xogar, de viaxar, de disfrutar..."Se levas un libro no peto o teu verán estará completo".





xoves, 22 de xuño de 2017

VAN GOGH

Aproveitando que estamos estudando o Sistema Solar, na aula de 2ºA fixemos varios proxectos relacionados. O primeiro foi un mural. Mirade que fermoso quedou!


Coñecemos a outro xenio máis...Galileo Galilei que naceu en Pisa (Italia) e ademáis, traballamos un cadro de Van Gogh "La noche estrellada".

Empregamos moitos libros para informarnos, tanto da biblioteca do cole como da nosa casa.




 
                 




E o resultado foi espectacular. Pinchade no cuadro para ver o noso traballo.

                                            

Gustouvos? 

mércores, 14 de xuño de 2017

EXCURSIÓN FERVENZAVENTURA

Os nenos e nenas de 1º e 2º foron onte de excursión á Granxa Escola Fervenza do Toxa, "FERVENZAventura". Ainda que o tempo non acompañou no comezo, poideron disfrutar das diferentes actividades: rocódromo, tirolina, gimkana polo bosque e visita aos animais. Para a próxima desexamos que poidan utilizar a crema do sol!


Se pinchades na seguinte imaxe podedes ver algunhas fotos. 






martes, 13 de xuño de 2017

Talleres de sensibilización na atención á diversidade.


Con estes divertidos talleres tivemos a oportunidade de sentir como é o día a día das persoas con algún tipo de discapacidade física ou sensorial e entendelos un pouquiño mellor. Nesta entrada podedes ver aos nenos e nenas de 2º realizar os talleres.

Pinchade na foto para ver todas as demáis....




Mirade estes vídeos que divertidos son!!! Pinchade nas fotos.







xoves, 1 de xuño de 2017

EXIPTO

En 1º traballamos Exipto. Faraóns, xeroglíficos, momias...Queredes ver o noso traballo? Pinchade na imaxe.