Con Xosé, avó de Lara, escoitamos historias de mares afastados, imaxinamos o baile dunha balea, coñecemos o labor dos galeóns que surcaban as nosas rías, escoitamos o son das caracolas e puidemos tocar a coiraza dunha tartaruga xigante... Grazas Xosé por compartir a túa sabedoría connosco!
Ningún comentario:
Publicar un comentario