Hoxe veu ao cole María del Carmen, nai de Carmen, alumna de 2ºB. Explicounos en que consiste o seu traballo de importación e exportación de marisco, as clases de ameixa, as técnicas de captura e a identificar as que son aptas para o consumo.
Tamén tivemos a oportunidade de mariscar na nosa biblioteca! Foi unha experiencia fantástica! A nai de Carmen trouxo uns capachos con area nos que había ameixas e berberechos, nós tiñamos collelos e dicir que era! Desta forma tan divertida ensinounos a diferencialos.
Grazas por unha explicación tan didáctica e distinta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario