Páxinas

luns, 9 de outubro de 2017

PDI: AS NOSAS PEGADAS…

ARRANCAMOS...(cando comezamos o noso alumnado aínda non sabía o título do PDI).

Esta semana no recreo estivemos a deixar pistas sobre o PDI deste curso.
Un día encontraron unha mochila, outro un pucho, un caxado, unha cuncha, unhas botas… e o último día unha capa. Debuxáronnos na aula, escribiron o seu nome en castelán, galego e inglés e como o noso alumnado é moi intelixente chegou a conclusión de que o  proxecto trataba sobre Camiño de Santiago.

Pois sí, imos a traballar os diferentes CAMIÑOS. Para seguir coa toma de contacto e descubrir o que os nenos/as saben, na nosa sección “BUSCAMOS” teñen que investigar  sobre os obxectos que acompañan ao peregriño e adiviñar o seu nome.

IMG-20171021-WA0001IMG-20171021-WA0004                                                                                                                               

Ningún comentario:

Publicar un comentario